
A literatura galega ten máis que dicir: a pouco referida nos manuais de literatura para escolares Nova Narrativa rachou con todo o anterior e abriulle ás portas á modernidade a unha sociedade que polos anos nos que comezaba a desenvolverse esta tendencia ( os 50 ) estaba xa lonxe da visión castrante da Galicia oteirán.
Reivindiquemos, pois, a grandeza e orixinalidade de Méndez Ferrín ou de Gonzalo Mourullo, que co seu texto Memorias de Tains aporta algo novo: a capacidade de estruturar, a través de pequenos relatos, unha obra innovadora e orixinal na que se describen situacións a medio camiño entre o kafkiano e o dantesco, con imaxes literarias tan potentes como a entrada do noso personaxe nun cadro para describir o que alí acontece e acabar por mostrarnos que esa realidade que tomamos por ficcional é unha metafora da súa relación ( e traizón) cun personaxe real ao que acaba de abandonar na cadea e a quen lle vai extirpar unha muller. Estructuras narrativas que esconden resolucións inesperadas e sorpresivas, lonxe do tradicional relato liñal e de calquera elemento realista que espante ao lector do século XXI.
Un exemplo de como se pode facer moi boa literatura e de como facelo leva ao ostracismo nun contexto editorial e literario onde se enxalzan figuras mediocres como Suso de Toro ou Diego Ameixeiras ( gañador dun premio Xerais cun excremento da talla de Tres segundos de memoria, libro magníficamente titulado, pois son eses tres segundos os que un tarda en olvidar esas preto de 200 páxinas de tópicos verbo da xuventude galega).
Larga Vida a Ferrín, Larga Vida a Mourullo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario