martes, 27 de diciembre de 2011

Gando laboral

Esta mañá funvos a unha entrevista de traballo para proclamarme candidato a chamar a clientes de determinada empresa de telefonía e ofrecerlles determinadas alternativas en canto aos seus sistemas de pagamento dos servizos. 



Tratábase dunha empresa que oferta servizos telefónicos a outras empresas que deciden poñer determinadas xestións telefónicas en mans dos chamados call centers. Ao chegarvos ao lugar onde se ía realizar a entrevista atopeime cunha maravillosa entrada con recepcionista/segurata (hai que aforrar, se a recepcionista pode facer tamén de garda de seguridade, ¿para que contratar a outra persoa?) que nada máis achegarte a ela e sen que lle dixeras nada xa che avisaba de que "tendrá que esperar unos minutos para la entrevista". Amáis de recepcionista/segurata debe ser adiviña porque senón non me explico cómo acertou con todos os que entraron ao mandarlles quie esperasen partidno da base de que todos íamos para facer a entrevista. Como se enteren en Telecinco de que hai outra bruxa moi eficaz nisto de adiviñar a qué andan as persoas polo mundo, fíchana en milésimas de segundo e montanlle un programa ad hoc e revolucionan de novo as pantallas do comecocdos.


Como xudeu asusteime un pouco ante tan grande mostra de poderío sobrenatural e púxenme a esperar co resto de gando que estaba alí para ser sometido ao estudo dos novos científicos do século XXI: eses seres que traballan distribuíndo dereitos laborais para os demáis: os profesionais dos "departamentos de selección de perosal" cuxo nome arrepía se se pensa que os primeiros individuos en exercer estes traballos foron os nazis que a pé de ferrocarril seleccionaban aos perseguidos polo III Reich antes de entrar nos campos de concentración de tal forrma que diferenciaban entre os aptod para o traballo (aqueles aos que ían a matar exclavizándooos na construcción de infraestruturas para o réxime ou no mantemento dos campos) e os non aptos (aqueles que por seren maiores ou demasiado pequechos ou por teren algún tipo de impedimento físico para desenvolver traballos físicos ían directiños ás cámaras de gas).



Como os meus xeonllos non anda moi alá despois daquela punción lumbar que me fixeron hai uns anos no Ramón y Cajal para extraerme oo restos de sangue suxa e infección que me pasou da cabeza ao espiñazo e que ameaza a con prrovocar complicacións, decidin sentarme nas escaleiras cousa que tamén fixo unha moza que chegou naqueles intres. Antes de que nos chamaran para a entrevista un tipo entrrou por unha porta e falou coa recepcionista/segurata que inmediatamente nos exhortou a levantarnos porque "no está permitido sentarse ahí". A moza levantouse rápido mentres que eu quedei con cara de pailaroco e tardei en levantarme. Como puiden ver pouco despois, tamén estaba prohibido apoiarse nas paredes tal como rezaba un cartaz que tiñan colgado nunha delas. ¿A qué carallo viña tanta prohibición absurda? Se non non queren que a xente que espera se apoie nas paredes ou se sente nas escaleiras, ¿por qué carallo non poñen unhas cadeiriñas desas que hai no ambuilatorio? ¿A qué carallo viu o selleccionador de persoal a mandarlle á recepcionista/segurata que nos levantaramos? ¿Foi unha proba para ver se tiñamos personalidade e nos negabamos a facelo? ¿Amáis de seleccionador de persoal era un maníaco dos maniquís en estado vertical?


Uns minutos máis tarde o mesmo individuo entrou e presentouse como o membro dos servizos de persoal que nos ía a facer a entrevista persoal. 


E aquí viu a primeira sorpresa: de persoal nada, colectiva, porque nos meteu nunha especie de aula e sentounos diante dun ordenador, e, despois de explicarnos diversas cuestións relacionadas co traballo (horario, condicións laborais, funcionamento dos servizos telefónicos prestados pola empresa, etc) pediunos que nos presentaramos, que dixésemos cáles eran os nosos estudos rematados e que manifestáramos as nosas preferencias en canto ao horario laboral (de mañá ou de tarde): O primeiro en intervir fun eu de tal xeito que malia que cumplín co estipulado informando do que xa informaba o meu currículum en canto a estudos rematados (bacharelato) fixen especial fincapé en que estudara xornalismo e en que compatibilizara estes estudos cun traballo de reparto de publicidade e coas prácticas xornalísticas ligadas a licenciatura. Finalmente acabei escollendo horario de tarde. 


A continuación seguiron as presentacións dos demáis e a medida que ían falando íame dando conta das cagadas cometidas durante a miña intervención: non saudei, non fixen fincapé naquela parte das miñas experiencias laborais máis relacionadas co márketing telefónico (a miña capacidade de aguante contra calquera exabrupto lograda despois de anos soportando os chillidos insultos e ameazas que soaban a través do telefonillo cando ía repartir publicidade, as miñas caopcidades oratorias, as miñas capacidades para a reelaboración de discursos fundamental para convencer aos clientes aos que chamas por teléfono que as súas excusas para non obececerme son pouco razables, etc, etc) e tampouco puxen maior interese en disimular a miña horripilante voz aínda que o tipo fixo especial empeño na necesidade de ter unha boa voz capaz de comunicar sen soar áspera. 


Despois pasamos a empregar os ordenadores que tiñamos diante cumprimentando unha ficha persoal na que introducimos os nosos datos e posteriormente unha proba que me deixou desconcertado: un concurso no que tiñamos que ir lendo as palabras agrupadas de catro en catro en varias caixiñas e marcar aquelas nas que se cometera algunha falta de ortografía. 


A medida que iamos acabando levantabamos o cú e marchabamos, no meu caso cunha certa sensación de picardía ante o espectáculo que acababa de vivir:


1- ¿Non quedaramos en que era unha entrevista persoal? ¿Por qué teño que responder a preguntas e facer presentacións persoais diante doutras persoas como se dun concurso competitivo se tratase? Claro que sei que se trata de que os que solicitan o emprego presenten as súas capacidades oratorias diante do seleccionador, pero coido que para iso sería máis efectivo unha enrevista persoal encauzada a través dunha conversa, que a fin e ao cabo suponse que é iso o que fan od empregados: conversar con clientes de empresas aos que lles ofrecen determinados productos, ofrecemento no que é fundamental que o cliente sinta que forma parte dunha conversa con alguén de confianza e non con unha persoa totalmente descoñecida que intenta darlle ghato por lebre. 


2- ¿O de que a maior parte dos que estabamos alí estudaramos algunha licenciatura ou akgo relacionado coa comunicación é casual ou é que estes estudos son un absoluto fracaso á hora de conseguir traballo? Catro licenciadas en comunicación audiovisuais e dúas en xornalismo. Déronme ganas de abrazalos e dicirlles "sei como vos sentides, sí, equivocámonos de carreira, pero, ¿a qué o fixemos con boa intención?. A culpa non é nosa, é do sistema."


3- ¿pode un método tan pouco profundo en canto á obtención de datos cobre as capacidades dos traballadores ser válido para unha empresa? ¿Con qué criterior de selección me van escoller ou rexeitar: porque non captei algunha falta de ortografía dado o nerviosismo que provoca ter que acertar os erros en menos de 10 minutos? ¿Ou porque na miña presentación  fun demasiado claro, conciso e breve? 


En fin, despois deste tipo de manifestacións do arbitrario que pode ser o conseguir un traballo danme gañas de patearlle o cú aos mongoloides que cren que o bo do capitalismo é que os melñlor preparados son sempre os que acceden aos traballos para os que están cualificados.