viernes, 7 de marzo de 2008

Atentado de ETA





Sensación abafante, arcadas, intenso desprezo.
Vinte anos igual, e nada cambia, ningún deles é capaz de pararse a pensar no que dun día para outro van ten que aceptar froito da realidade:

1- O pobo vasco non necesita salvapatrias que o liberen de estados opresores. É difícil que os vascos poidan ver ao estado español como un estado opresor na actualidade cando os que pegan tiros na rúa a calquera hora e contra calquera caluga son os que son.

E fano por detrás, sempre por detrás. Os revolucionarios comunistas mataban de frente, cara a cara, mantendo a mirada. Estes mamalóns, nun claro exercicio de cobardía, e demostrando que toda a ortodoxia comunista e nacional-independentista que mamaron non só non a entenden como hai que entendela (como principios teóricos que marcan un posíbel camiño na praxe política pero non por elo son principios inamobíbeis e inefábeis que non poidan errar no plano da realidade), senón que ademáis a manipulan e a desvisten do seu principal obxectivo: conseguir unha sociedade na que todos poidamos convivir en igualdade económica (o comunismo); e a liberación de aqueles pobos que ao longo da Historia se viron oprimidos por determinados estados no eido económico, político, social e sobre todo cultural, a recuperación desas culturas a punto de esmorecer ( o nacionalismo independentista).

2- Xa que non entenderían ningún chamamento ao respecto pola vida dos demáis e a inmoralidade das súas accións, teremos que explicarlle-los motivos polos que deberían ir deixando as pistoliñas coas que defenden as súas ideas no caixón para baixaren onda o pobo e convivir coas xentes do pais sen acabar reventandolle a cabeza de todo aquel que discrepa: agora mesmo non hai maior impedimento no proxecto de independencia de Euskadi que a súa existencia, pois son os principais culpables de que a estas alturas do século XXI os nacionalismos se vexan demonizados e de que calquera proposta democrática de independencia do país sexa radicalmente rexeitada polo Estado Español e por unha gran parte dos euskalduns.

Hai que ser verdadeiramente subnormal para crer que matando a un traballador dunha autopista se está a loitar polo país, polos dereitos culturais, lingüísticos e políticos do mesmo e que ademáis facelo é lexítimo. ¿Acaso cun morto máis mellorou o proceso de recuperación do euskera e da cultura vasca? ¿temos agora maís autogoberno e capacidade de control dos recursos do país por parte do Governo vasco? ¿conseguimos convencer a unha ampla maioría de que a independencia é un camiño viéble e aconsellábel para acadar os obxectivos políticos que se persiguen? Todo o contrario. Despois disto o que cabe esperar é unha insufríbel campaña de represión por parte da dereita, un acobardamento dos "progres" do centro (PSOE) que se verán incapaces de defender outra España que non sexa a estipulada pola caduca Constitución (¿acaso credes que o referendum que propuxo Ibarretxe vai poder celebrarse en estas condicións?) e as maiores dificultades que teremos os lexítimos independentistas para defender ás nosas ideas.

Un pode compartir os obxectivos políticos de ETA, pode defender un proceso de independencia política que leva ao socialismo nese país, mais o que un non pode defender é que tal proceso se leve a cabo baixo a ditadura da barbarie: por unha banda é absolutamente inmoral, por outra, desvirtúa por completo o obxectivo perseguido: é imposíbel crear unha sociedade máis xusta sobre cadáveres.

Actos inútiles como os deste mediodía só me producen unha abafante sensación de déja vù, a cantinela mil veces repetida e que non nos levou a nada máis que a encallar nunha pedregosa ría da que non hai maneira de sair.

Do que faga ETA dependerá o futuro dos vascos, e serán estes os que xulguen a un grupúsculo de indocumentados que non están capacitados para liderar un país da riqueza política, social, cultura i económica de Euskadi. Do que faga ETA dependerá o futuro dos diversos movementos nacionalistas da península, xa bastantes problemas temos para defender as nosas ideas ante os ataques dunha dereita fascista que cada día vai a máis, como para ter que estar toda a vida desvencellandonos dunha organización de mamarrachos á que non pertencemos e á que non poderiamos pertencer, pois aínda nos quedan unhas cantas neuronas. Un independentista agradeceríavos que desaperecesedes do mapa, que vos encarrilasedes cara a política e a loita social armados co único co que merece a pena loitar: cunha ideoloxía.

O día que ETA deixe as armas a un lado, o día en que o movemento abertzale se desligue por completo da violencia terrorista, o día en que un parlamento vasco lexítimamente elixido polo pobo decida ( de común acordo entre unha gran maioría de partidos ) o futuro do país, ese día poderemos gritar tranquilamente Gora Euskadi Ta Askatasuna, pois só no momento en que ETA desapareza nacerá unha Euskadi en Liberdade.

Viva Galiza Ceive de fascistas e de mamarrachos!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

es triste pensar q una organización q nació erigiéndose como defensora de un pueblo ante la tiranía de un dictador hace mucho q perdió el norte... ahora no tienen sentido, ni justificación, ni motivos, ni necesidad (si es q alguna vez los tuvieron)... son terroristas con todas las letras, son ASESINOS.

Javi Camino dijo...

Ese crouzón! Lúcido como un respladeciente foco de 2500W

Menudos asesinos! Si aún por lo menos fueran ataviados con ropas simpáticas... O si tuvieran la garganta llena de gusanos y hablaran con una voz densa y gelatinosa que diera grima.... Pero ni eso, como mucho llevan un corte de pelo con flequillo chungo.

De todas formas me parece mal que sueltes todo este discurso para justificar tu rechazo a ETA. Todos sabemos que, en realidad, sólo los odias porque te cuesta pronunciar sus apellidos.

Ego dijo...

Lamento haberme dejado llevar por mis discapacidades fonéticas, pero es que no soporto los idiomas en los que la R se interpone entre mi voluntad comunicativa y mis interesados ollentes. Mi incapacidad congénita para pronunciar tan espantoso fonema me convierte en un lingüita lisiado. Con lo bien que pronuncio las erres francesas: Pourriez vous me dire..., oh la lá! j´adore la republique!

A partir de ahora prohibo que en este bello lugar se utilice tan ingrata letra!! Aquel que lo haga será castigado con el merecido ejercicio de represión verbal: cortarle la lengua!