domingo, 13 de enero de 2008

Corpo

Sentou no taburete e tenazas en man comezou o ritual.

Amputou os dedos dos pés, arrincou os testículos, reabriu as cicatrices, a golpe de navallazo sodomizou un recto poboadao de fracasos sexuais masculinos, rasgou unha uretra condeada á insensibilidade despois de longos anos de insatisfactorio onanismo, arrincou uns ollos defectuosos que o condearon á cegueira da luz que o rodeaba, extirpou cun torpe movemento de man unha lingua improductiva, taponou con balas uns oídos xordos...

E foi feliz, pois a perversa mente que coroaba o seu corpo reinaba libre de calquera inimigo disposto a contradicir as súas máximas vitais:
1- o corpo é un asasino en potencia que hai que destruir antes de que nos engane como serpe demoníaca con falsos praceres físicos
2- calquera pracer corporal é unha farsa, o único orgasmo real é o da lucidez

3- cando o cerebro sexa capaz de desprazarse no espazo-tempo sen a necesidade de pilotar un corpo, cando cerebro contra cerebro copulen intelctualemente libres de calquera atadura corporal, cando todo isto se produza, o ser humano alcanzará o seu estado supremo da existencia: A NADA.

Que é a vida senón a nada?



[Avante, 8 de decembro de 2008, 2:20 da mañá]

No hay comentarios: